Shidonni
Shidonni é unha rede virtual, baseada no entretemento educativo para nenos/as de 4 a 12 anos.
Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan.
Ademáis, tamén deben debuxar os seus propios mundos animados.
Trátase dunha rede social segura para nenos. Empezarán debuxando unha mascota virtual e deberán buscarlle un nome. Cando pulsen a tecla de “ok” a mascota cobrará vida, casi como por arte de maxia.
A continuación haberá que debuxar o mundo onde vive, alimentala e atendela en tódalas súas necesidades.
Sitio web: http://www2.shidonni.com/defaults.htm
Proyecto Ludos
Un proxecto de recursos educativos para a área de Educación Física.
Este proxecto forma parte da iniciativa “Internet en el Aula” do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/edufisica
Proyecto Primartis
O proyecto Primartis enmárcase dentro dos contidos desenvolvidos polo Ministerio de Educación a través de “Internet en el Aula”.
Trátase dun proxecto para a área de Educación Artística e contén multitude de recursos tanto para o alumnado como para o profesorado de Educación Primaria.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/artistica
Proyecto Alquimia
“Proyecto Alquimia” é o nome do recurso elaborado para a área de Ciencias, Xeografía e Historia de Educación Primaria.
Os seus contidos están estruturados en cinco módulos: saúde, seres vivos, tecnoloxía xeografía e historia, de maneira que desenvolven gran parte do currículo da área.
Este proxecto forma parte de “Internet en el Aula”, do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/ciengehi
Lengua Castellana
Recursos educativos en liña para a área de Lengua Castellana.
Tódolos recursos forman parte do proxecto Internet en el Aula, do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/lenguaep
Inglés Primaria
Recursos educativos en liña para a área de lingua inglesa, de Educación Primaria.
Estes recursos forman parte do proxecto Internet en el Aula, do Ministerio de Educación
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/inglesep
Fantasmín
Un recurso educativo do MEC para a Educación Infantil.
Contén actividades para os alumnos e contidos para os pais, así como unha guía didáctica para o profesorado.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/infantil
Proyecto CIFRAS
Proyecto CIFRAS: un recurso educativo para a área de Matemáticas, elaborado a través do convenio “Internet en el Aula” entre o MEC e as comunidades autónomas.
Podemos atopar todo tipo de actividades de Matemáticas para a Educación Primaria, estruturadas por ciclos e bloques de contido.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/matematicasep
Paper show
Un novo dispositivo que xunta a potencialidade do bolígrafo dixital coas posibilidades do papel dixital. O “Paper Show” está composto por un dispositivo USB, un bolígrafo dixital e un papel interactivo dixital.
O bolígrafo interactúa co papel dixital (que integra multitude de ferramentas) e transmite tódalas accións á pantalla do ordenador a través do dispositivo USB conectado.
Sitio web: http://www.papershow.com/es
Diccionario Visual
Este diccionario visual ofrece a posibilidade de aprender a través de imaxes temáticas. É diferente dun diccionario ou unha enciclopedia tradicional, xa que aqui as imaxes reemplazan ás palabras.
Actualmente está dispoñible en tres idiomas: español, inglés e francés.
Sitio web: http://www.infovisual.info
Gcompris
Un programa informático educativo con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos.
Contén máis de 100 actividades de matemáticas, ciencias, xeografía, lingua …
Gcompris é software libre e existen versións para Windows e Linux.
Sitio web: http://gcompris.net/-es-
Schoolsplay
Unha suite educativa multiplataforma que pode ser instalada en sistemas Windows, Mac e Linux. Schoolsplay é software libre, polo que se pode descargar, instalar e usar libremente.
Contén multitude de programas educativos, principalmente das áreas de Lingua e Matemáticas.
Sitio web: http://www.schoolsplay.org
TriviRal
TriviRal é un xogo educativo, baseado no popular Trivial, que se xoga directamente na pantalla do ordenador sen ningún tipo de instalación.
Tódalas preguntas refírense aos seguintes temas: ciberbullying (acoso a menores), grooming (acoso sexual por adultos), software malicioso (virus, troyanos e espías).
Este xogo en liña forma parte da campaña de concienciación “Por una internet segura”, promovida polo “instituto nacional de tecnologías de la comunicación” e dirixida aos menores.
Sitio web: http://www.navegacionsegura.es
Penzu
Penzu é otra ferramenta web 2.0. totalmente gratuíta.
Permite ao usuario ter un caderno privado en liña, ao que se lle pode dar múltiples e variados usos educativos.
Na Educación Primaria podemos usalo cos nosos alumnos, como o seu primeiro “caderno 2.0”, de maneira que o alumno poderá acceder a él desde calquera ordenador con conexión á rede.
Os alumnos poden crear os seus propios textos e almacenalos neste caderno virtual, coa posibilidade de insertar imaxes.
Sitio web: http://penzu.com
OpenOffice para nenos
A suite ofimática OpenOffice presenta a súa versión para nenos: OOo4Kids
Entre outras, presenta as seguintes características:
– Dirixido a estudantes de entre 7 a 12 anos
– Adaptacións específicas para o mundo educativo
– Multiplataforma (Linux, Mac OS X, Windows)
– Multilingüe
Sitio web: http://download.ooo4kids.org/es
Portal del Menor
Un portal de recursos dixitais para os menores. O seu obxectivo é ofrecer unha navegación segura e de calidade desde tódolos seus apartados.
Entre as súas múltiples seccións podemos destacar a sección “La Escuela”, onde se agrupan numerosos recursos educativos organizados por áreas e asignaturas.
Sitio web: http://www.portaldelmenor.es
Club Kiriko
ClubKiriko é un excelente sitio web adicado íntegramente á literatura infantil.
Dispón de seccións de libros recomendados, reseñas, comentarios, enlaces de interese, técnicas de animación á lectura, etc …
Sitio web: http://www.clubkirico.com
AnimaLec
Un portal onde se ofrecen un montón de recursos para a animación á lectura.
Aqui podemos atopar guías de lectura, documentos, contos, bibliografía, enlaces …
Sitio web: http://www.animalec.com
MiniDibujos
Desde esta web podemos acceder a unha colección de plantillas de debuxos para pintar directamente en pantalla: animais, comida, deportes, letras, números … etc.
Para pintar, primeiro seleccionamos a plantilla e despois pintamos facendo clic co ratos sobre as distintas partes de cada debuxo.
As plantillas tamén se poden imprimir, para poder pintar manualmente.
Sitio web: http://mas-dibujos.minidibujos.com
CuentosInteractivos
Unha colección de contos interactivos para oír, ler e ver na pantalla do ordenador.
Cada conto ten un guía, un pequeno personaxe que irá guiando aos alumnos ao longo de todo o conto.
As idades indicadas son desde os 3 ata os 8 anos.
Sitio web: http://www.cuentosinteractivos.org
ElAbueloEduca
Unha moi boa colección de exercicios para aprender e repasar os contidos das diversas materias.
Tódolos exercicios están clasificados por asignaturas e pódense realizar directamente na web.
Sitio web: http://www.elabueloeduca.com
GaliciaEncantada
Un sitio web onde se recopilan fábulas, lendas, mitos … e todo tipo de recursos documentais sobre o mundo mitolóxico e máxico de Galicia.
Inclúe tamén un repositorio de xogos tradicionais.
Sitio web: http://www.galiciaencantada.com
Contos Solidarios
CONTOS SOLIDARIOS ofrece desde a súa web, unha selección de contos para ver e ler directamente na pantalla do ordenador.
Tódolos contos están ilustrados. Para pasar as páxinas únicamente deberemos facer clic co rato.
Sitio web: http://www.contosolidarios.org
CREENA
Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra.
Na súa sección de “Novas Tecnoloxías” ofrecen unha ampla selección de software educativo para educación especial.
Todo o software foi elaborado polo propio CREENA e pódese descargar de forma libre e gratuíta.
Sitio web: http://www.pnte.cfnavarra.es/creena
WikiSABER
Un portal educativo enfocado hacia a nova “escola 2.0”. Inclúe contidos, recursos e novas de actualidade para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Sitio web: http://www.wikisaber.es
Proxecto Grimm
Un proxecto educativo no que participan diversos centros de toda España.
Esta é unha iniciativa de varios profesores para levar adiante un proxecto inter-centros para utilizar creativamente as novas tecnoloxías nas aulas.
Sitio web: http://www.proyectogrimm.net
Literacy Center: idiomas para infantil
Aprender idiomas en Educación Infantil.
Diversas actividades para practicar idiomas en Educación Infantil. Tódalas actividades están dispoñibles en catro idiomas: inglés, francés, alemán e español.
Tipos de actividades: letras, números, palabras, figuras xeométricas e escritura.
Sitio web: http://www.literacycenter.net
LIM : Libros Interactivos Multimedia
LIM : Libros Interactivos Multimedia.
Un entorno para a creación de actividades educativas. Incorpora unha ferramenta de creación e outra de visualización.
Sitio web LIM: http://www.educalim.com
Banco de actividades EducaLIM: http://www.educalim.com/biblioteca
Childtopia: Ed. infantil
Un portal educativo dirixido aos alumnos de Educación Infantil.
Aqui poderemos atopar moitísimos recursos educativos organizados en diferentes seccións:
– Xogos educativos, Fichas educativas, Contos, Comprensión oral e escrita, Aprende a debuxar, Aprende os números, Aprende as letras.
Sitio web: http://childtopia.com
Imagination3: pizarra dixital en liña
IMAGINATION3 : Pizarra Dixital en liña.
Con este tipo de pizarras dixitais en liña, podemos usar a pantalla do ordenador como se fora unha PDI sen necesidade de instalar ningún tipo de software. O único que se necesita é unha conexión a Internet.
Sitio web: http://www.imagination3.com
La Pizarra Digital
La Pizarra Digital, un portal adicado íntegramente a esta tecnoloxía.
O seu autor, Pere Marqués, é un dos máximos exponentes no estudio e na investigación didáctica das Pizarras Dixitais.
GenMagic
GenMagic é un portal que se presenta como un entorno de investigación e creación de aplicacions multimedia dinámicas para a súa integración en entornos virtuais de aprendizaxe.
Sitio web: http://www.genmagic.net
Fantastic Infantil
Un sitio onde se pode atopar todo tipo de recursos para usar no ordenador das aulas de Educación Infantil.
Fundamentalmente son recursos “en liña”, polo que o seu uso é directo (sen ningún tipo de instalación) desde calquera ordenador conectado a Internet.
Recursos educativos flash
Recursos educativos feitos coa tecnoloxía Flash, para a Educación Primaria. Tódolos recursos atópanse clasificados por ciclos educativos e por áreas.
Sitio web: http://www.algobar.com/recursos
Profesores innovadores
Un portal de recursos e novidades, dependente de EducaRed, para os profesores que buscan aplicar as novas tecnoloxías no seu traballo.
-
Arquivo
- Abril 2010 (1)
- Marzo 2010 (6)
- Febreiro 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Decembro 2009 (1)
- Novembro 2009 (3)
- Outubro 2009 (26)
- Setembro 2009 (2)
- Agosto 2009 (4)
- Xullo 2009 (3)
- Maio 2009 (1)
- Abril 2009 (8)
-
Categorías
- Animación á lectura
- Atención á diversidade
- Creación de recursos
- Diccionarios en liña
- Educación Infantil
- Educación Musical
- Ferramentas en liña
- Galerías fotográficas
- Matemáticas
- Novidades tecnolóxicas
- Pizarra Dixital
- Pizarra Dixital en liña
- Proxectos educativos
- Recursos educativos
- Redes sociais
- Software libre
- Software libre educativo
- Teleformación
- Transversalidade
- Utilidades
- Videos educativos
- Xogos Educativos
-
RSS
Entries RSS
Comments RSS