EduTICprimaria

As novas tecnoloxías no ensino

MiniDibujos

minidibujosDesde esta web podemos acceder a unha colección de plantillas de debuxos para pintar directamente en pantalla: animais, comida, deportes, letras, números … etc.
Para pintar, primeiro seleccionamos a plantilla e despois pintamos facendo clic co ratos sobre as distintas partes de cada debuxo.
As plantillas tamén se poden imprimir, para poder pintar manualmente.

Sitio web: http://mas-dibujos.minidibujos.com

23 Outubro 2009 Posted by | Educación Infantil, Recursos educativos | Deixar un comentario

CuentosInteractivos

cuentosinteractivosUnha colección de contos interactivos para oír, ler e ver na pantalla do ordenador.
Cada conto ten un guía, un pequeno personaxe que irá guiando aos alumnos ao longo de todo o conto.
As idades indicadas son desde os 3 ata os 8 anos.

Sitio web: http://www.cuentosinteractivos.org

23 Outubro 2009 Posted by | Educación Infantil, Recursos educativos | Deixar un comentario

ElAbueloEduca

elabueloeducaUnha moi boa colección de exercicios para aprender e repasar os contidos das diversas materias.
Tódolos exercicios están clasificados por asignaturas e pódense realizar directamente na web.

Sitio web: http://www.elabueloeduca.com

23 Outubro 2009 Posted by | Recursos educativos | Deixar un comentario

GaliciaEncantada

galiciaencantadaUn sitio web onde se recopilan fábulas, lendas, mitos … e todo tipo de recursos documentais sobre o mundo mitolóxico e máxico de Galicia.
Inclúe tamén un repositorio de xogos tradicionais.

Sitio web: http://www.galiciaencantada.com

23 Outubro 2009 Posted by | Transversalidade | Deixar un comentario