EduTICprimaria

As novas tecnoloxías no ensino

Shidonni

Shidonni é unha rede virtual, baseada no entretemento educativo para nenos/as de 4 a 12 anos.
Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan.
Ademáis, tamén deben debuxar os seus propios mundos animados.

Trátase dunha rede social segura para nenos. Empezarán debuxando unha mascota virtual e  deberán buscarlle un nome. Cando pulsen a tecla de “ok” a mascota cobrará vida, casi como por arte de maxia.
A continuación haberá que debuxar o mundo onde vive, alimentala e atendela en tódalas súas necesidades.

Sitio web: http://www2.shidonni.com/defaults.htm

14 Abril 2010 Posted by | Educación Infantil, Recursos educativos, Redes sociais, Xogos Educativos | Deixar un comentario