Penzu
Penzu é otra ferramenta web 2.0. totalmente gratuíta.
Permite ao usuario ter un caderno privado en liña, ao que se lle pode dar múltiples e variados usos educativos.
Na Educación Primaria podemos usalo cos nosos alumnos, como o seu primeiro “caderno 2.0”, de maneira que o alumno poderá acceder a él desde calquera ordenador con conexión á rede.
Os alumnos poden crear os seus propios textos e almacenalos neste caderno virtual, coa posibilidade de insertar imaxes.
Sitio web: http://penzu.com
Imagination3: pizarra dixital en liña
IMAGINATION3 : Pizarra Dixital en liña.
Con este tipo de pizarras dixitais en liña, podemos usar a pantalla do ordenador como se fora unha PDI sen necesidade de instalar ningún tipo de software. O único que se necesita é unha conexión a Internet.
Sitio web: http://www.imagination3.com
docjax : un buscador de documentos
Un excelente buscador de documentos que ofrece funcións propias da Web 2.0. Permite buscar documentos en formato PDF, DOC, PPT e XLS.
Sitio web:
http://www.docjax.com
Biblioteca Dixital Mundial
A Biblioteca Dixital Mundial representa un cambio nos proxectos de bibliotecas dixitais, centrándose máis na calidade que na cantidade.
Esta nova biblioteca dixital está patrocinada pola UNESCO e inclúe artículos dixitais de alta calidade que reflexan a herencia cultural de tódolos países membros da UNESCO.
Sitio web:
http://www.wdl.org
Cartopedia: crear obxectos de aprendizaxe
Unha aplicación que permite a creación en liña de Obxectos de Aprendizaxe (OAs), baseados en mapas interactivos.
Cartopedia permite integrar contidos de Google Maps con todo tipo de elementos multimedia, ben sexan directamente extraídos da web ou aportados polos propios usuarios.
Sitio web:
http://www.cartopedia.info
Palabea: aprender idiomas gratis
Unha plataforma internacional para aprender e practicar idiomas de forma gratuíta.
Sitio web:
http://www.palabea.net
eyeOS: un sistema operativo on line
eyeOS: Un sistema operativo on-line, libre e de código aberto (de Cloud Computing).
Este sistema operativo pode ser usado desde o servidor público ou descargarse para poder instalalo nun servidor propio.
Sitio web:
http://eyeos.org/es
ScribLink: pizarra dixital en liña
ScribLink: Una pizarra dixital en liña, desarrollada en java, perfecta para equipos de traballos descentralizados, xa que coas súas funcións colaborativas permite ata 5 usuarios simultáneos traballar sobre o mesmo panel.
Unha ferrramenta para usar a pantalla do ordenador como se fora unha PDI, especialmente indicada para realizar traballo en grupo cando os integrantes do grupo non se atopan físicamente no mesmo lugar.
Sitio web:
http://www.scriblink.com
ArtPad: debuxar en liña
Unha ferramenta para realizar debuxos en liña, sen necesidade de ter instalado ningún programa de debuxo no ordenador.
Sitio web:
http://artpad.art.com/artpad/painter
Moodle Social: teleformación
Moodle Social é unha inciativa que nos permite usar a aplicación Moodle para a creación de cursos virtuais, na modalidade de teleformación.
Calquera que coñeza a ferramenta Moodle pode crear un curso, co único requisito previo de rexistrarse e crear un usuario.
Non precisa de ningún tipo de instalación nin descarga, xa que se trata dunha ferramenta en liña.
Sitio web:
http://www.moodlesocial.com
Google Docs: ofimática en liña
Google Docs: a ferramente de Google para a ofimática en liña.
É un paquete ofimático totalmente compatible cos formatos DOC, XLS, ODT, ODS, RTF, CSV, PPT, etc … Permite organizar e almacenar os nosos documentos de forma segura, así como permitir a outros usuarios ver e usar os nosos documentos. Actualmente (no momento de escribir isto) aínda está nunha versión beta, pero xa é totalmente operativa.
Para poder usar o Google Docs é preciso dispoñer dunha conta de usuario de Google.
Web de Google Docs:
http://documents.google.com
ZOHO: ofimática en liña
ZOHO é un paquete ofimático en liña, que contén procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, programa de presentacións, etc … totalmente compatible con Microsoft Office e OpenOffice.
Permite escribir varias persoas sobre o mesmo documento de texto, que sempre estará dispoñible en Internet para poder descargar e imprimir.
Para usar este paquete ofimático en liña é necesario que nos rexistremos, pero o rexistro é totalmente gratuíto e non nos compromete a nada.
Web de ZOHO:
http://www.zoho.com
-
Arquivo
- Abril 2010 (1)
- Marzo 2010 (6)
- Febreiro 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Decembro 2009 (1)
- Novembro 2009 (3)
- Outubro 2009 (26)
- Setembro 2009 (2)
- Agosto 2009 (4)
- Xullo 2009 (3)
- Maio 2009 (1)
- Abril 2009 (8)
-
Categorías
- Animación á lectura
- Atención á diversidade
- Creación de recursos
- Diccionarios en liña
- Educación Infantil
- Educación Musical
- Ferramentas en liña
- Galerías fotográficas
- Matemáticas
- Novidades tecnolóxicas
- Pizarra Dixital
- Pizarra Dixital en liña
- Proxectos educativos
- Recursos educativos
- Redes sociais
- Software libre
- Software libre educativo
- Teleformación
- Transversalidade
- Utilidades
- Videos educativos
- Xogos Educativos
-
RSS
Entries RSS
Comments RSS