Paper show
Un novo dispositivo que xunta a potencialidade do bolígrafo dixital coas posibilidades do papel dixital. O “Paper Show” está composto por un dispositivo USB, un bolígrafo dixital e un papel interactivo dixital.
O bolígrafo interactúa co papel dixital (que integra multitude de ferramentas) e transmite tódalas accións á pantalla do ordenador a través do dispositivo USB conectado.
Sitio web: http://www.papershow.com/es
Inves Book 600
El Corte Inglés fabrica e comercializa o seu primeiro lector de libros dixitais, o Inves Book 600. Este novo dispositivo incorpora unha pantalla de e-ink (tinta dixital) de 6″ (600 x 800 píxeles) que ofrece ata oito niveis de gris; unha autonomía que permite pasar de páxina unhas 8.000 veces; 512 MB de memoria interna e a posibilidade de usar unha tarxeta SD de 4 GB.
Sitio web:
http://www.elcorteingles.es
SURFACE: Unha mesa táctil interactiva
Microsoft presenta unha novidade tecnolóxica: SURFACE, a mesa interactiva multimedia.
Unha mesa táctil na que se pode traballar con multitude de utilidades e ferramentas multimedia.
Sitio web:
http://www.microsoft.com/SURFACE
Kindle2: lector de libros dixitais
Amazon, a maior tenda de libros electrónicos do mundo, presenta o seu novo lector de libros dixitais (ou libros electrónicos), o KINDLE 2.
Este modelo é tecnolóxicamente moi superior ao seu antecesor e incorpora tecnoloxía WIFI, unha pantalla cunha resolución de 800×600 pixels, conexión USB e unha capacidade de almacenamento de 1,5 Gb.
A súa nova tecnoloxía de pantalla elimina completamente os destellos e o exceso de luminosidade.
Sitio web:
http://www.amazon.com
InvesJunior: o portátil infantil
INVES Junior, un portátil pensado especialmente para ser usado polos máis pequenos (a partir de 6 anos), pero con tódalas prestacións dun ordenador doméstico.
A carcasa está diseñada para resistir os golpes, incorpora unhas asas para falicitar o transporte.
Este ordenador ten 512 Mb. de RAM, inclúe unha WebCam, conexións de rede Ethernet e mais WIFI, dous portos USB e lector de tarxetas.
O sistema operativo é Windows XP Home, e ademáis trae instalado un sistema de control parental que posibilita o control dos contidos aos que accede o neno/a.
Este sistema permite tamén programar unha hora de apagado automático do equipo.
Máis información:
http://www.invesjunior.es
Chega o bolígrafo dixital
Fujitsu presenta un novo dispositivo chamdo “NoteTaker”. Trátase dun bolígrafo dixital que ao mesmo tempo que escribe sobre un papel é capaz de almacenar na súa memoria a totalidade do escrito, ata un máximo equivalente a 100 folios A4.
Cando o usuario conecta o NoteTaker ao seu ordenador, a través dun porto USB, éste descargará todo o escrito directamente no PC podendo despois darlle o formato axeitado ao texto.
Este dispositivo non só é capaz de almacenar texto na súa memoria, senón que pode tamén almacenar esquemas, debuxos, diagramas, … etc, para despois descargalos igualmente no ordenador.
Para máis información:
http://www.fujitsu-siemens.com/Resources/184/589321599.html
-
Arquivo
- Abril 2010 (1)
- Marzo 2010 (6)
- Febreiro 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Decembro 2009 (1)
- Novembro 2009 (3)
- Outubro 2009 (26)
- Setembro 2009 (2)
- Agosto 2009 (4)
- Xullo 2009 (3)
- Maio 2009 (1)
- Abril 2009 (8)
-
Categorías
- Animación á lectura
- Atención á diversidade
- Creación de recursos
- Diccionarios en liña
- Educación Infantil
- Educación Musical
- Ferramentas en liña
- Galerías fotográficas
- Matemáticas
- Novidades tecnolóxicas
- Pizarra Dixital
- Pizarra Dixital en liña
- Proxectos educativos
- Recursos educativos
- Redes sociais
- Software libre
- Software libre educativo
- Teleformación
- Transversalidade
- Utilidades
- Videos educativos
- Xogos Educativos
-
RSS
Entries RSS
Comments RSS