Shidonni
Shidonni é unha rede virtual, baseada no entretemento educativo para nenos/as de 4 a 12 anos.
Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan.
Ademáis, tamén deben debuxar os seus propios mundos animados.
Trátase dunha rede social segura para nenos. Empezarán debuxando unha mascota virtual e deberán buscarlle un nome. Cando pulsen a tecla de “ok” a mascota cobrará vida, casi como por arte de maxia.
A continuación haberá que debuxar o mundo onde vive, alimentala e atendela en tódalas súas necesidades.
Sitio web: http://www2.shidonni.com/defaults.htm
Proyecto Ludos
Un proxecto de recursos educativos para a área de Educación Física.
Este proxecto forma parte da iniciativa “Internet en el Aula” do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/edufisica
Proyecto Primartis
O proyecto Primartis enmárcase dentro dos contidos desenvolvidos polo Ministerio de Educación a través de “Internet en el Aula”.
Trátase dun proxecto para a área de Educación Artística e contén multitude de recursos tanto para o alumnado como para o profesorado de Educación Primaria.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/artistica
Proyecto Alquimia
“Proyecto Alquimia” é o nome do recurso elaborado para a área de Ciencias, Xeografía e Historia de Educación Primaria.
Os seus contidos están estruturados en cinco módulos: saúde, seres vivos, tecnoloxía xeografía e historia, de maneira que desenvolven gran parte do currículo da área.
Este proxecto forma parte de “Internet en el Aula”, do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/ciengehi
Lengua Castellana
Recursos educativos en liña para a área de Lengua Castellana.
Tódolos recursos forman parte do proxecto Internet en el Aula, do Ministerio de Educación.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/lenguaep
Inglés Primaria
Recursos educativos en liña para a área de lingua inglesa, de Educación Primaria.
Estes recursos forman parte do proxecto Internet en el Aula, do Ministerio de Educación
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/inglesep
Proyecto CIFRAS
Proyecto CIFRAS: un recurso educativo para a área de Matemáticas, elaborado a través do convenio “Internet en el Aula” entre o MEC e as comunidades autónomas.
Podemos atopar todo tipo de actividades de Matemáticas para a Educación Primaria, estruturadas por ciclos e bloques de contido.
Sitio web: http://ares.cnice.mec.es/matematicasep
Gcompris
Un programa informático educativo con diferentes actividades para nenos entre 2 e 10 anos.
Contén máis de 100 actividades de matemáticas, ciencias, xeografía, lingua …
Gcompris é software libre e existen versións para Windows e Linux.
Sitio web: http://gcompris.net/-es-
Schoolsplay
Unha suite educativa multiplataforma que pode ser instalada en sistemas Windows, Mac e Linux. Schoolsplay é software libre, polo que se pode descargar, instalar e usar libremente.
Contén multitude de programas educativos, principalmente das áreas de Lingua e Matemáticas.
Sitio web: http://www.schoolsplay.org
Penzu
Penzu é otra ferramenta web 2.0. totalmente gratuíta.
Permite ao usuario ter un caderno privado en liña, ao que se lle pode dar múltiples e variados usos educativos.
Na Educación Primaria podemos usalo cos nosos alumnos, como o seu primeiro “caderno 2.0”, de maneira que o alumno poderá acceder a él desde calquera ordenador con conexión á rede.
Os alumnos poden crear os seus propios textos e almacenalos neste caderno virtual, coa posibilidade de insertar imaxes.
Sitio web: http://penzu.com
Portal del Menor
Un portal de recursos dixitais para os menores. O seu obxectivo é ofrecer unha navegación segura e de calidade desde tódolos seus apartados.
Entre as súas múltiples seccións podemos destacar a sección “La Escuela”, onde se agrupan numerosos recursos educativos organizados por áreas e asignaturas.
Sitio web: http://www.portaldelmenor.es
MiniDibujos
Desde esta web podemos acceder a unha colección de plantillas de debuxos para pintar directamente en pantalla: animais, comida, deportes, letras, números … etc.
Para pintar, primeiro seleccionamos a plantilla e despois pintamos facendo clic co ratos sobre as distintas partes de cada debuxo.
As plantillas tamén se poden imprimir, para poder pintar manualmente.
Sitio web: http://mas-dibujos.minidibujos.com
CuentosInteractivos
Unha colección de contos interactivos para oír, ler e ver na pantalla do ordenador.
Cada conto ten un guía, un pequeno personaxe que irá guiando aos alumnos ao longo de todo o conto.
As idades indicadas son desde os 3 ata os 8 anos.
Sitio web: http://www.cuentosinteractivos.org
ElAbueloEduca
Unha moi boa colección de exercicios para aprender e repasar os contidos das diversas materias.
Tódolos exercicios están clasificados por asignaturas e pódense realizar directamente na web.
Sitio web: http://www.elabueloeduca.com
WikiSABER
Un portal educativo enfocado hacia a nova “escola 2.0”. Inclúe contidos, recursos e novas de actualidade para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Sitio web: http://www.wikisaber.es
Childtopia: Ed. infantil
Un portal educativo dirixido aos alumnos de Educación Infantil.
Aqui poderemos atopar moitísimos recursos educativos organizados en diferentes seccións:
– Xogos educativos, Fichas educativas, Contos, Comprensión oral e escrita, Aprende a debuxar, Aprende os números, Aprende as letras.
Sitio web: http://childtopia.com
GenMagic
GenMagic é un portal que se presenta como un entorno de investigación e creación de aplicacions multimedia dinámicas para a súa integración en entornos virtuais de aprendizaxe.
Sitio web: http://www.genmagic.net
Fantastic Infantil
Un sitio onde se pode atopar todo tipo de recursos para usar no ordenador das aulas de Educación Infantil.
Fundamentalmente son recursos “en liña”, polo que o seu uso é directo (sen ningún tipo de instalación) desde calquera ordenador conectado a Internet.
Recursos educativos flash
Recursos educativos feitos coa tecnoloxía Flash, para a Educación Primaria. Tódolos recursos atópanse clasificados por ciclos educativos e por áreas.
Sitio web: http://www.algobar.com/recursos
Profesores innovadores
Un portal de recursos e novidades, dependente de EducaRed, para os profesores que buscan aplicar as novas tecnoloxías no seu traballo.
TasTa’m: web educativa
Un portal web educativo sobre alimentación, emocións, saúde infantil e educación en xeral. Contén actividades de aula, exercicios e xogos temáticos usando as TIC como ferramenta de aprendizaxe. Inclúe tamén guías didácticas.
Sitio web: http://www.xtec.net/escola/tastam
Agrega
Agrega facilita á comunidade educativa unha ferramenta útil para integrar as tecnoloxías da información e a comunicación na aula, ofrecendo contidos educativos de calidade aos que se pode acceder libremente.
Sitio web: http://www.proyectoagrega.es
Didáctica TIC
Un proxecto de desarrollo de materiais de capacitación da comunidade educativa no uso e aplicación didáctica das TIC. Ditos materiais nacen co obxecto de destinarse ao profesorado de tódalas etapas educativas e as figuras do Coordinador TIC e o Asesor de Formación, de modo que lles permita capacitarse no uso das TIC aplicándoas ás súas áreas curriculares a través de propostas didácticas concretas.
Sitio web: http://didacticatic.educacontic.es
Educaguía
Un portal web onde se pode atopar un pouco de todo: recursos educativos, documentación, cursos en liña, …
Sitio web:
http://www.educaguia.com
Aulas con software
Este sitio web serve de fórum de reflexión e debate sobre o uso dos contidos dixitais interactivos na aula e o seu impacto no ensino e o aprendizaxe.
Sitio web:
http://www.aulasconsoftware.org
Skoool.es
Unha web adicada a recursos de apoio para o ensino das matemáticas e das ciencias. As novas tecnoloxías ao servizo do ensino das ciencias en xeral.
Sitio web:
Vedoque: Xogos educativos
Unha web de xogos e materiais educativos de gran calidade e totalmente gratuítos, para a educación infantil e primaria, con suxerencias e obxectivos didácticos de cada un dos materiais.
Sitio web:
Educared
Educared, un portal desde onde se ofrece formación en liña para profesores, recursos educativos, actividades, software, experiencias …
Sitio web:
http://www.educared.net
Casa das Ciencias
Un portal que aglutina os tres museos científicos coruñeses: “Casa das Ciencias”, “Domus” e “Aquarium Finisterrae”. Aqui podemos atopar todo tipo de recursos educativos que nos ofrecen desde estes museos.
Sitio web:
http://www.casaciencias.org
Educapeques
Un portal de xogos e actividades educativas totalmente libres e gratuítas para os alumnos, os pais e os educadores.
Sitio web:
http://www.educapeques.com
Redinet
Rede de bases de datos de información educativa: investigación, innovación, recursos e revistas de educación.
Sitio web:
http://www.redined.mec.es
ISFTIC: recursos profesorado
O Instituto Superior de Formación das TIC, dependente do Ministerio de Educación, pon a disposición de todo o profesorado este portal onde se poden atopar recursos para o profesorado, para a comunidade educativa, así como enlaces a outras webs de interese educativa.
Sitio web:
http://www.isftic.mepsyd.es
Contidos Educativos: Galicia
Portal de Contidos Educativos da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Tódolos contidos atópanse organizados por ensinanzas, niveis educativos e materias.
Sitio web:
http://www.edu.xunta.es/contidos
Contidos Educativos: Extremadura
A Consejería de Educación da Junta de Extremadura pon a disposición de tódolos docentes este portal de Contidos Educativos Dixitais, ordenados por ensinanzas (primaria, secundaria e educación especial) e por áreas ou materias.
Sitio web:
http://conteni2.educarex.es
Paises@: mapa mundi interactivo
O Instituto Brasileño de Xeografía e Estadística pon a disposición de tódolos internautas este mapa mundi interactivo en liña, que nos proporciona información variada sobre cada país: poboación, indicadores sociais, datos económicos, datos medioambientais, etc …
Sitio web:
http://www.ibge.gov.br/paisesat
-
Arquivo
- Abril 2010 (1)
- Marzo 2010 (6)
- Febreiro 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Decembro 2009 (1)
- Novembro 2009 (3)
- Outubro 2009 (26)
- Setembro 2009 (2)
- Agosto 2009 (4)
- Xullo 2009 (3)
- Maio 2009 (1)
- Abril 2009 (8)
-
Categorías
- Animación á lectura
- Atención á diversidade
- Creación de recursos
- Diccionarios en liña
- Educación Infantil
- Educación Musical
- Ferramentas en liña
- Galerías fotográficas
- Matemáticas
- Novidades tecnolóxicas
- Pizarra Dixital
- Pizarra Dixital en liña
- Proxectos educativos
- Recursos educativos
- Redes sociais
- Software libre
- Software libre educativo
- Teleformación
- Transversalidade
- Utilidades
- Videos educativos
- Xogos Educativos
-
RSS
Entries RSS
Comments RSS