EduTICprimaria

As novas tecnoloxías no ensino

OpenOffice para nenos

OOo4KidsA suite ofimática OpenOffice presenta a súa versión para nenos: OOo4Kids
Entre outras, presenta as seguintes características:
– Dirixido a estudantes de entre 7 a 12 anos
– Adaptacións específicas para o mundo educativo
– Multiplataforma (Linux, Mac OS X, Windows)
– Multilingüe

Sitio web: http://download.ooo4kids.org/es

26 Outubro 2009 Posted by | Software libre | Deixar un comentario

Audacity

Unha ferramenta de software libre que permite gravar, editar e manipular ficheiros de son dixital en diversos formatos.
Ademáis permite crear gravacións propias a partir de ficheiros individuais engandindo múltiples efectos. ë un software multiplataforma: Windows, Linux, Mac, Unix, Solaris.

Sitio web: http://www.audacity.es

24 Xullo 2009 Posted by | Software libre | Deixar un comentario

edu 2.0 :: ensino-aprendizaxe en liña

edu20orgUnha nova ferramenta en liña para a teleformación.
Con este novo software totalmente gratuíto podemos crear o noso propio centro educativo en liña, así como os contidos e as actividades formativas.

Sitio web: http://www.edu20.org

17 Xullo 2009 Posted by | Software libre, Teleformación | Deixar un comentario

eyeOS: un sistema operativo on line

eye-oseyeOS: Un sistema operativo on-line, libre e de código aberto (de Cloud Computing).
Este sistema operativo pode ser usado desde o servidor público ou descargarse para poder instalalo nun servidor propio.
Sitio web:
http://eyeos.org/es

7 Marzo 2009 Posted by | Ferramentas en liña, Software libre | Deixar un comentario

GIMP: Editor de imaxes

gimpGIMP é o mellor e máis potente programa de manipulación de imaxes de software libre. Esta aplicación, dispoñible para tódolos sistemas operativos, inclúe ferramentas de retoque fotográfico e fotocomposición similares as dos mellores programas de software propietario de edición de imaxes.

Web de GIMP:
http://www.gimp.org

6 Febreiro 2009 Posted by | Software libre | Deixar un comentario

OpenOffice

openofficeOpenOffice: O paquete ofimático de software libre por excelencia.
Esta suite ofimática, totalmente libre e gratuíta, incorpora tódalas aplicacións necesarias para poder realizar calquera traballo ofimático coas mesmas funcionalidades e calidade que con calquera outra aplicación de software propietario.
As aplicacións incluídas son:
Writer: procesador de textos, Calc: folla de cálculo, Base: base de datos, Impress: aplicación de presentacións, Draw: aplicación de debuxo, Math: editor de fórmulas.

Sitio web:
http://es.openoffice.org

6 Febreiro 2009 Posted by | Software libre | Deixar un comentario