Shidonni
Shidonni é unha rede virtual, baseada no entretemento educativo para nenos/as de 4 a 12 anos.
Os usuarios crean as súas propias mascotas, ás que deben coidar e atender o mellor que poidan.
Ademáis, tamén deben debuxar os seus propios mundos animados.
Trátase dunha rede social segura para nenos. Empezarán debuxando unha mascota virtual e deberán buscarlle un nome. Cando pulsen a tecla de “ok” a mascota cobrará vida, casi como por arte de maxia.
A continuación haberá que debuxar o mundo onde vive, alimentala e atendela en tódalas súas necesidades.
Sitio web: http://www2.shidonni.com/defaults.htm
TriviRal
TriviRal é un xogo educativo, baseado no popular Trivial, que se xoga directamente na pantalla do ordenador sen ningún tipo de instalación.
Tódalas preguntas refírense aos seguintes temas: ciberbullying (acoso a menores), grooming (acoso sexual por adultos), software malicioso (virus, troyanos e espías).
Este xogo en liña forma parte da campaña de concienciación “Por una internet segura”, promovida polo “instituto nacional de tecnologías de la comunicación” e dirixida aos menores.
Sitio web: http://www.navegacionsegura.es
Vedoque: Xogos educativos
Unha web de xogos e materiais educativos de gran calidade e totalmente gratuítos, para a educación infantil e primaria, con suxerencias e obxectivos didácticos de cada un dos materiais.
Sitio web:
SuperSaber
SuperSaber: Un portal adicado aos xogos educativos para educación infantil e primaria.
Tódolos xogos son directamente executables desde a web, de forma totalmente libre e gratuíta. A temática xeral dos xogos céntranse na área de Coñecemento do Medio.
Sitio web:
http://www.supersaber.com
Chuegos: xogos de grupo
Unha excelente web de xogos de grupo, totalmente gratuítos.
Estes xogos son especialmente adecuados para utilizar coa pizarra dixital.
Para poder usalos, únicamente hai que descargalos e descomprimilos xa que se ofrecen comprimidos en formato zip.
Sitio web:
http://catedu.es/chuegos
-
Arquivo
- Abril 2010 (1)
- Marzo 2010 (6)
- Febreiro 2010 (1)
- Xaneiro 2010 (1)
- Decembro 2009 (1)
- Novembro 2009 (3)
- Outubro 2009 (26)
- Setembro 2009 (2)
- Agosto 2009 (4)
- Xullo 2009 (3)
- Maio 2009 (1)
- Abril 2009 (8)
-
Categorías
- Animación á lectura
- Atención á diversidade
- Creación de recursos
- Diccionarios en liña
- Educación Infantil
- Educación Musical
- Ferramentas en liña
- Galerías fotográficas
- Matemáticas
- Novidades tecnolóxicas
- Pizarra Dixital
- Pizarra Dixital en liña
- Proxectos educativos
- Recursos educativos
- Redes sociais
- Software libre
- Software libre educativo
- Teleformación
- Transversalidade
- Utilidades
- Videos educativos
- Xogos Educativos
-
RSS
Entries RSS
Comments RSS